NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA
Publicada a resolución que determina as épocas hábiles de caza 2023-2024
02/05/2023

No día de hoxe ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2023/24.

Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as cales se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2023/24, que abrangue o período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo do ano 2024.

Como xa se apuntaba trala xuntanza do Comité Galego de Caza o pasado 30 de marzo, son  mínimas as modificacións desta popularmente coñecida como "orde de vedas" con respecto ao exercicio cinexético anterior no tocante ás modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies.

A apertura da tempada xeral será o vindeiro 15 de outubro e, como xa ven sen habitual, rematando o 6 de xaneiro de 2024. No tocante ás batidas ao xabaril estas comenzarán o 19 de agosto e finalizarán o 25 de febreiro de 2024.

Descargar Épocas hábiles de caza 2023/2024