PROVINCIAL CORUÑA XABARIL
Francisco Rodeiro foi o campión provincial e Carlos Rouco o campión da proba
14/05/2023

Campionato provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

No concello coruñés de Ordes tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril que se desputou na xornada de onte, 13 de maio, baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza e Concello de Ordes.

Nesta proba, tamén puntuable para a Copa Galicia da especialidade, coñecéronse os monteiros coruñeses que representarán á provincia no autonómico da especialidade ainda que, nesta ocasión, ningun monteiro da provincia subiu o podio.

Entre os 30 participantes foi o monteiro lucense Carlos Rouco Villares o que co can de nome “Eros” obtiña o primeiro posto do campionato con 235,5 puntos. En segunda posición remataba o tamén lucense Maikel Otero Folgueira con “Nely” e 233,5 puntos.  O pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira con “Lito” foi o terceiro clasificado, repetindo o mesmo posto que na pasada edición, obtendo 233 puntos.

Na quinta posición Francisco Rodeiro Eiras con “Zeus” obtiña o título de Campión Provincial da especialidade e acompañarano na representación provincial para o Campionato Galego os seguintes monteiros: Jose Manuel Otero, Adrián Otero, Jesús Ares, Jose Manuel Barreiro, Iván Barral, Manuel López, Juan José Canosa, Jose Antonio Moar e Andrés Paz.

Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, PProyecta Galicia, Mutuasport e Arión.