MEMORIAL DAVID GARCÍA
Juan José Canosa e Eloy Rodríguez campións de San Huberto e Cans de Parada no memorial “David García”
15/05/2023

Dentro das actividades das Xornadas de Formación e Exaltación Cinexética organizadas polo Tecor Terra Chá, tamén se desputaron duas probas puntuables para a Copa Galicia das disciplinas de San Huberto e Cans de Parada.

En San Huberto foi o cazador Juan José Canosa o que obtivo o primeiro posto da clasificación despois de impoñerse no barrage co pointer “Nike da Chousa”. A prata foi para Corsino Valero que participou coa pointer de nome “Mia”. Juan Carlos Arteche auxiliado coa cadela “Chula” facíase co terceiro posto.

En Caza Práctica as razas británicas foran as que obtiveron calificación facéndose Eloy Rodríguez co primeiro e terceiro posto con “Azor da Brisa da Ría” e “Bono da Brisa da Ría”, respectivamente. A prata foi para a femia de pointer de nome “Cora” de Fernando Manso.