FECAP
En marcha unha edición máis de FECAP na que a FGC será un punto de encontro dos cazadores
30/05/2023

Feira de Caza, Pesca e Natureza enclavada na Abanca Feira Internacional de Galicia - Silleda

Dende o vindeiro 8 ao 11 de xuño terá lugar a Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Abanca Feira Internacional de Galicia – Silleda. A FGC estará presente no pabillón 4 stand A-4 para dar a coñecer as novidades do sector e participar nas diferentes actividades programadas.

Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interación da FGC coa FECAP non so se resumirá á instalación do stand corporativo senon que a Federación Galega de Caza participará e dinamizará activamente a FECAP coa celebración de diferentes actividades, entre as que descamos as seguintes:

-Exposición de perdices e outras especies cinexéticas.

-Manualidades para os máis pequenos que coñecerán a fauna galega e as modalidades de caza coloreando láminas debuxadas pola pintora mindoniense Irma Loureiro

-Exposición e presenza da aguía Harris.

-Tiro con arco, exposición de cans e probas de agility.

-Proceso de eclosión de ovos de perdiz coa visualización do nacemento dos perdigóns

-E moito máis.

A FGC agárdate en FECAP 2023.