PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS
Alfredo García campión da proba e Daniel Cebreiro campión provincial de percorridos de caza en Río Sar
05/06/2023

Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza

O Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 4 de xuño, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Destacar a ampla inscrición nesta fase provincial na que competiron 72  tiradores que se enfrotaron aos 100 pratos divididos en duas liñas a doble volta. Traxectorías moi variadas e axilidade no desenrolo do campionato foron as notas predominantes.

O campión da Clasificación Xeral e campión Senior foi Alfredo García Mendoça que rematou a tirada cun total de 92 pratos escachados. En segunda posición situábase o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta con 89 pratos. Co mesmo número de pratos que Treinta, a medalla de bronce e o título provincial era para Daniel Cebreiro García. Antonio Iglesias Otero e Jose Luis Sánchez Mancebo compretaban o podio provincial en segunda e terceira posición, respectivamente.

Na categoría Senior o segundo posto era para Francisco Javier Rivero Martínez con 88 pratos e o bronce, ca mesma marca que Rivero, era para Jose Luis Sánchez Mancebo.

En Veteranos o primeiro posto era para José González Yáñez con 76 pratos e na categoría de Máster o campión era, novamente, Ángel Mosquera Rodríguez con 73 pratos. 

Omar Insúa Rodríguez era o campión en Xuveniles con 79 pratos escachados namentras que Jesús Mozo Pereira era o mellor clasificado en Iniciados con 78 pratos.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.