TROFEO CIDADE DE NARON
Roberto Dopico co setter “Bruxo” gañador do Trofeo Cidade de Narón
26/06/2023

IX Trofeo Cidade de Narón de San Huberto 

O 25 de xuño tiña lugar en Sedes - Narón (A Coruña), unha proba da Copa Galicia da especialidade de San Huberto baixo a organización da Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

Destacamos a participación de 21 cazadores que se dividiron en tres campos clasificatorios. Nun cuarto campo desputouse o barrage con 6 finalistas, temos que facer unha mención especial ao espectacular campo da final que, baixo unhas condicións de vento idóneas, visualizáronse lances de enorme beleza. 

Actuaron como xuíces Antonio Fraga, José Moure e Óscar Suárez, e sendo a Directora da Proba Nuria Varela. Foi o cazador Roberto Dopico Dopico que co setter de nome “Bruxo” obtivo o primeiro posto con 80 puntos. Juan José Canosa Vigo co pointer macho de nome “Nike da Chousa” acadou o segundo posto no barrage con 76 puntos. Con 65 puntos o bronce era para Félix Robles López co setter inglés “Zenit”.

Con deportividade remataba esta proba cun xantar de confraternización no cal a organización agradeceu a colaboración de persoas e entidades que fixeron posible o desenrolo da proba.