RECOÑECEMENTO TRAXECTORIA DEPORTIVA
Ramón Picallo con “Café” gañadores nas Pontes
03/07/2023

Copa Federación da Coruña de Caza San Huberto recoñecemento á traxectoria deportiva de José Sanmartín e Eloy Rodríguez

A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 1 de xullo, facer un recoñecemento á traxectoria deportiva de Eloy Rodríguez Martínez e José Sanmartín Pérez. Dous cazadores e competidores sempre moi vinculados á FGC e as competicións cinexético-deportivas, ámbolos dous cun enorme palmarés e que teñen máis que merecido este recoñecemento.

Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos dos Tecores de A Capela e Venatoria das Pontes. 

A proba foi dirixida por Cristina Sanmartín e nela participaron un total de 31 cazadores. Desputado o barrage final o competidor Ramón Picallo Añón que participou co pointer de nome “Café” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 70 puntos. A tan so un punto de Picallo, a prata foi para Fernando Manso Gómez que participou coa femia de pointer “Chispa”. Roberto González Arias obtivo o terceiro posto co bretón “Ciclón” e 63 puntos. Nuría Varela Painceiras obtivo o cuarto posto do barrage con “Perseo” e 50 puntos.

 

Un xantar de irmandade puxo o punto e final a esta proba que tivo como protagonistas a Eloy Rodríguez e a José Sanmartin, os cales recibiron sendos agasallos e un emotivo recoñecemento por parte de compañeiros e organización.

Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.