DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023
31/01/2024

No día de onte, 30 de xaneiro, tiña lugar no Teatro Jofre de Ferrol a Gala de entrega das Distincións ao Mérito Deportivo 2023 outorgadas pola Xunta de Galicia.

En dito acto, o expresidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo 2023 debido ás máis de catro decadas como cazador e aos preto de 30 anos de adicación e esforzo á caza, aos cazadores e a Federación Galega de Caza, sendo presidente de dita entidade entre os anos 2011 e 2022.

Tamén o deportista José Ángel Torres, moi vinculado a FGC na disciplina de agility, foi recoñecido con dito galardón pola súa paixón a dita disciplina deportiva na cal chegou a proclamarse campión de España.

Ambos deportistas estiveron acompañados, en tan emotivo acto, pola actual Xunta Executiva da Federación Galega de Caza.