A CAZA TAMÉN VOTA |
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos |
14/02/2024 |
Os galegos e galegas estamos chamados, o domingo 18 de febreiro, a decidir o goberno galego para os vindeiros 4 anos. A caza xógase moito nestes comicios e é por iso que a FGC activou a campaña “A caza tamén vota”. Non debemos esquencer que moitas das decisións que afectan, positiva ou negativamente, á actividade son tomadas nos diferentes órganos de goberno da Xunta de Galicia. O análise dos programas electorais e a solicitude dunha rolda de reunións coas formacións políticas foi o eixo central desta campaña “a caza tamén vota”. Dende a FGC non pedimos o voto a ninguén nin aconsellamos a quen debemos votar, eso e decisión de cada un. Nas seguintes liñas trasladamos ao cazador o resultado do análise dos programas e a información aportada polos representantes detallando o sentir de cada forza política coa caza. A partir de aquí cada un que actúe según a súa conciencia. Partido Popular (PP) O Partido Popular, a través da candidata número un por Lugo, Elena Candia López, atendeu a chamada da FGC e mantivo unha reunión na cal escoitou as preocupacións e propostas futuras que necesita a caza e os cazadores. O Partido Popular expresou o seu compromiso coa caza e a súa potenciación. Candia abordou algunhas accións como a realización dos desbroces e as queimas controladas (acordo recentemente asinado entre a Consellería de Medio Rural e a FGC) non so como obxeto da loita contra os lumes se non tamén como oportunidade de recuperación de hábitats e fomento da caza menor. Así mesmo manifestou o seu compromiso político para facilitar accións de xestión e control de especies cinexéticas (xabaril, corzo e lobo) ao tempo que ve preciso un maior empuxe económico e posta en valor da carne de caza a través do seu consumo e comercialización. Puntos que recolle o programa electoral do Partido Popular sobre a caza: - Fomento das queimas controladas - Loita contra especies invasoras e o control de especies autóctonas como o xabaril e o lobo polos danos que causan - Ampliar ata 5 anos a validez da licenza de caza - Instalación de locais intermedios para o procesamente da carne de caza maior
Bloque Nacionalista Galego (BNG) A forza nacionalista non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse para informar do sentir do BNG coa caza. Pero dende o ente federativo analizouse o programa electoral do Bloque Nacionalista Galego no que se visualizan puntos pouco favorables para a caza: - Reconsideración xurídica da caza, vetando a munición de chumbo e aumentando as esixencias para a obtención dunha licenza - Prohibición da práctica ou participación na caza ás persoas menores de idade, de acordo ao criterio superior de protección da infancia e da adolescencia - Especial control de cans empregados para actividades cinexéticas - Limitación das batidas de control da fauna salvaxe
Partido Socialista (PSOE) O PSOE deu resposta ao posible encontro coa FGC pero este no foi posible por motivos de axenda do candidato a presidencia ou candidatos provinciais. Nembargantes estes son o puntos que recolle o programa electoral do Partido Socialista sobre a caza: - Establecerase o Rexistro galego de aproveitamentos da calidade cinexética, así como o uso do distintivo «Calidade Cinexética de Galicia». - Convocar e axilizar as axudas as federacións e clubes - Traballo coordinado cos eurodiputados para influir nos asuntos importantes para Galicia que se deciden en Europa VOX Manuel Fuentes, candidato por Coruña, e Álvaro Díaz-Mella candidato á presidencia, acudiron ao encontro coa FGC trasladando un apoio firme e decidido de VOX á actividade cinexética. Ao tempo que tamén informaron aos directivos da FGC da súa intención de crear unha licencia de caza única para todo España, unha rebaixa das tasas por licenza e impulsar a derogación da lei de benestar animal, como así se pon de manifesto no seu programa electoral.
PODEMOS Podemos Galicia non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse cos cazadores. Puntos que recolle o programa electoral de Podemos que afectan aos intereses da caza e os cazadores galegos: - Revisión do Plan de Xestión do lobo, atendendo a conservación e a convivencia e eliminalo do listado de especie cinexética de Galicia - Nova Lei de Protección Animal máis restrictiva e con endurecemento do catálogo de sancións - Prohibir o uso de munición de chumbo en actividades cinexéticas e da caza de especies animais con algún grao de protección - Prohibición de participación e exposición de persoas menores de idade na caza - Nova Lei de Caza e Pesca deportivas - Xestión da caza baixo criterios científicos e utilización exclusiva de sistemas de caza e pesca absolutamente respectuosos coa conservación da biodiversidade. - Ampliacións dos Comités de Caza e Pesca para tódolos axentes sociais - Establecer controis preventivos de alcol e drogas aos portadores de armas - Aumentar a idade legal para obter a licenza de caza aos 18 anos. - Suprimir os campionatos como práctica deportiva e negación de calquera axuda pública a estas probas cruentas cando se utilicen animais. - Incremento das franxas de seguridade na caza - Obrigación do empleo de censos científicos independentes para autorizar plans de ordenación cinexética.
SUMAR Dun xeito semellante á formación morada, o partido Sumar Galicia non deu resposta a solicitude dun encontro coa FGC e non tivo a ben reunirse cos cazadores. Unha vez analizado o seu programa electoral vemos un choque frontal co desenrolo e potenciación da actividade cinexética. - Prohibición das “competicións de caza de raposo” e calquer subvención a actividades cinexéticas con fondos públicos. - Limitar a idade legal a 18 anos para a participación en calquera actividade de caza, incluso a promoción de actividades e visualización de vídeos e documentais onde aparezan imaxes de caza para os menores. - Non se permitirá a exposición ós menores de idade a actividades como a caza. - Elaborar un novo Plan para a xestión de convivencia co lobo e o Oso Pardo para asegurar a súa conservación e convivencia. - Eliminación do lobo como especie cinexética de Galicia. |