PROBA XABARIL MEIRA
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira
25/03/2024

Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

A Sociedade de Cazadores de Meira e a Federación Galega de Caza tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril.

A xornada celebrouse no día de onte, 24 de marzo, e nela participaron máis de 30 monteiros que competiron para acadar os primeiros puntos da Copa Galicia da especialidade.

Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro asturiano Luciano Lago co seu can “Rodolfo” obtivo o primeiro posto con 260 puntos.  O lucense Michael Otero co “Camaron” foi o galego mellor clasificado con 238 puntos e acadando a segunda posición. O pontevedrés Salvador Sestelo con “Beba” obtiña o bronce con 232,5 puntos.

Un xantar de irmandade, a entrega de premios e a clausura da proba puxo o punto e final a esta primeira proba da Copa Galicia de 2024 da especialidade.