PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza
25/03/2024

XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza 

Na xornada de onte, 25 de marzo, desputábase a proba provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza na que o tirador Manuel Blanco Puertas proclamouse Campión Provincial e Campión da Proba cunha marca de 90 pratos escachados. 

Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a esencial colaboración do Clube de Tiro Fronteiriñas e Clube de Tiro Eido Dalbo.

Destacamos a ampla inscrición para esta fase provincial que rondou os 70 tiradores. Tiradores que dalgún xeito comenzaron a ter contacto coas escopetas ante a tempada de tiro que se presenta nos vindeiros meses. Esta primeira toma de contacto non impediu que se viran grandes resultados pero si marcas en diferentes postos que a bo seguro non foron as desexadas para os tiradores por falta de rodaxe

Foi o tirador Manuel Blanco Puertas o que remataba o percorrido cun total de 90 pratos escachados e acadaba deste xeito o primeiro posto da clasificación xeral e o título de Campión Provincial. O coruñés Daniel Cebreiro García era o segundo clasificado con 89 pratos. Daniel Domínguez Treinta, campión provincial da edición pasada, tíñase que conformar co bronce despois de conquerir unha marca de 87 pratos. 

Na categoría Senior o mellor clasificado foi Antonio Iglesias Otero cun total de 83 pratos. Con 78 pratos, pero en segunda posición, remataba Francisco Javier Rivero Martínez. O terceiro caixón do podio era ocupado por Antonio Fernández Román tamén con 75 pratos.

En Veteranos o tirador campión era Gabino Villamor Vázquez cun total de 70 pratos, Alejandro Martínez Martínez e Manuel García Carrera remataron en segunda e terceira posición respectivamente. 

En Máster o mellor clasificado era Jose María González Rodríguez con 66 arxilas, Luis Salmerón Madera obtiña a prata e o bronce era para Ángel Vidal Conde.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.