INICIO TEMPADA DE ASEXOS DE CORZO
Arrinque corceiro
01/04/2024

Chega abril e da comenzo unha nova tempada de asexos de corzo en Galicia. Unha tempada que, como ven sendo habitual, ten a súa apertura no día de hoxe, 1 de abril, e prolongarase ata o derradeiro día do mes de xullo. 

Prismáticos en mao, paciencia e moito monte son algúns dos factores que nos dará ese lance tan desexado co corzo. O corzo galego en asexo ten algo especial que é dificil de igualar noutras latitudes, os asexos aquí están vinculados a fermosas paisaxes mesturadas cunha espectacular gastronomía.

Dende a Federación Galega de Caza desexamos a sociedades de caza, guías, gardas e cazadores desta modalidade unha moi boa campaña corceira, tanto para os asexistas galegos como para aqueles cazadores chegados dende outros puntos da xeografía española.

Na seguinte ligazón atoparas os modelos de solicitude de comunicación de asexos: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=axexos_e_agardos.html&sub=procesos/