AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello
30/09/2024

XXXIII Campionato de Cans de Rastro sobre Coello Xunta de Galicia

O sábado 28 de setembro, tiña lugar a edición número XXXIII do Campionato de Cans de Rastro sobre Coello Xunta de Galicia baixo a organización da Federación Galega de Caza e grazas á colaboración da Sociedade de Caza Castromaior A Gracia de Santiago de Compostela.

Un autonómico de coello desputado baixo a dirección de José Antonio Montoiro, Delegado Autonómico da especialidade, que descorreu con máxima deportividade e con lances e prestacións de calidade dos diferentes lotes participantes. 

José Alonso, Ramón Collazo e Oscar Esparis foron os xuíces encargados de valorar e puntuar ós 28 cans divididos en 7 lotes clasificados nos provincias da Coruña e Pontevedra.

O actual subcampión provincial coruñés, Daniel Bouzas Vázquez foi o que acadou o posto máis alto da clasificación cun total de 543 puntos, participando cun lote de beagles composto por “Rex, Sky, Ural e Treson“ obtendo deste xeito o campionato galego deste 2024. A segunda posición e con 480 puntos era para o tamén coruñés Francisco Abraldes Crujeiras, campión da pasada edición, e que participou co lote de beagles  “Trufa, Luz, Luna e Keila”. O bronce era para o pontevedrés Alfonso Rey Baulde, que repetiu a mesma posición acadado no pasado autonómico da especialidade cos beagles “Fousa, Eira, Fusta e Fara” e 460 puntos.

O can de nome “Rex” propiedade do campión Daniel Bouzas Vázquez foi nomeada como Mellor Can da Proba cun total de 150 puntos. 

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.