A FGC estivo presente en Sidenatur cun stand e varias actividades
Durante os pasados días 22, 23 e 24 de setembro, os afeccionados á caza, pesca e turismo natural, tiveron unha cita no Salón Internacional Sidenatur, ubicado a carón do río Miño, no recinto Feiral de Lugo. A FGC estivo alí, organizando diversas actividades e instalando un stand que durante os 3 dias que durou a feira recibiu a miles de visitantes na procura de información.