A Federación Galega de Caza manifesta a súa indignación ante a solta de visóns
Ante a solta de visóns realizada por uns desaprensivos en varias granxas da provincia da Coruña a pasada fin de semana, a Federación Galega de Caza igual que fixera fai escasamente un ano, ven de condenar enerxicamente este tipo de barbarie ecolóxica, contra unha actividade económica legal amén do delito ecolóxico cuxas responsabilidades haberán de depurarse e os seus autores deberán pagar por elas.