O Presidente da FGC asiste á reunión do Comité Interautonómico da RFEC
O pasado 26 de outubro desprazouse a Madrid o Presidente da Federación Galega de Caza para asistir a reunión do Comité Interautonómico da Real Federación Española de Caza. Este comité, que está composto por todos os Presidentes das Federacións Autonómicas, ten como misión principal marcar as pautas e a filosofía a seguir pola RFEC, así como coñecer polo miúdo as súas actuacións.