O cazador de Trazo, José Manuel Torres Cebey, novo campión galego de Caza Menor con Can
O cazador coruñés, da Sociedade de Cazadores Trazo, José Manuel Torres Cebey coa cadela Perla, de raza setter inglés, proclamouse novo campión galego de Caza Menor con Can, na competición disputada o pasado 18 de novembro, no tecor da Sociedade de Cazadores Negueira de Muñíz, en Lugo.