Xa se coñecen os finalistas que disputarán o XI Campionato Galego de caza de arceas
O pasado sábado, cun día desapracible que en nada axudaba ao desenvolvemento da competición, celebrábanse os Campionatos Provinciais de Caza de Arceas, clasificatorios para a formación das seleccións provinciais que disputarán o Campionato Galego da modalidade.