Antonio Vieites novo Campión Galego de caza de arceas
O cazador lucense, de Ribadeo, Antonio Vieites Rodríguez (Toto) da Sociedade de Cazadores O Faisán, coa setter inglés Xela, proclamouse Campión Galego do IX Campionato Galego de Caza de Arceas, na competición disputada o sábado día 2 de decembro, no tecor da Sociedade de Cazadores Coristanco (A Coruña).