A cuadrilla 'Peña A Trapa' de Lugo gaña a IV Copa España de caza de zorro
Dezanove concellos do noroeste da provincia de Ourense acollían o pasado domingo 18 de febreiro a cuarta edición da Copa España de Caza de Zorro, na que participaron 105 equipos formados por 945 cazadores, acompañados de 105 xuíces e 105 guías. Proba que despertou unha grande polémica entre os amantes e detractores da caza.