O Parlamento de Galicia publica no seu Boletín Oficial a nova Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais
O Parlamento de Galicia, na sesión do día 27 de marzo de 2007, aprobou a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Esta lei ten por obxecto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer as persoas e os bens por eles afectados, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinada de todas as administracións públicas de acordo coa lexislación galega en materia de emerxencias.