José Ramón Zamora Lorenzo, con ‘Back’, gaña a Proba de San Huberto de Cerdedo
O domingo 22 de abril disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de Cerdedo (Pontevedra) unha proba de San Huberto puntuable para a Copa Federación da modalidade. Cunha participación total de 6 cazadores, foi José Ramón Zamora Lorenzo, co seu setter inglés ‘Back’ o que finalizou vencedor da proba, cun total de 46 puntos.