José Manuel Esarte Beltrán, subcampión de España de Silvestrismo na categoría de xílgaros
Os dias 2 e 3 de Xuño disputábase en Guadalajara o XIII Campionato de España de Silvestrismo, que contaba con representación galega en tódalas suas categorías. Foi na categoría de xílgaro onde o ferrolán José Manuel Esarte Beltrán quedaba segundo na clasificación, logrando o seu paxaro un total de 54 positivos.