José Lage Lis, con ‘Zum da Seara’, gaña a Proba Social de San Huberto da Sociedade Urogallo
O pasado 2 de xuño disputábase nos Montes de Brión, na entrada da Ria de Ferrol (A Coruña), unha nova edición da tradicional proba social de San Huberto organizada pola Sociedade Urogallo. O gañador resultou ser José Lage Lis, co seu S.I.M. ‘Zum da Seara’.