Diego Antelo Noya, novo Campión Galego Percorridos de Caza
O pasado 8 de Xullo de 2007 tiña lugar no Campo de Tiro ‘Rio Sar’ en Chaián, Trazo (A Coruña) o Campionato Galego de Percorridos de Caza, organizado en colaboración coa Sociedade de Caza ‘Rio Sar’, resultando vencedor da proba e Campión Galego o tirador xuvenil Diego Antelo Noya cun total de 118 pratos escachados.