A Federación Galega de Caza pon en marcha o programa 'Compartir Caza'
A Federación Galega de Caza pon en marcha neste mes de outubro o programa “Compartir Caza”. Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, trata de contribuír a pór en valor a actividade cinexética en Galicia e conta cun claro sentido de solidariedade entre afeccionados.