ARCO
Resultados dos Campionatos Galegos de Arco disputados en Poutomillos (Lugo)
30/9/2009

Os pasados 26 e 27 de setembro disputábanse en Poutomillos (Lugo) o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo, que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración co Clube “Poutomillos Breogán”.

O sábado 26 disputábase o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco onde participaban 31 arqueiros.

Na categoría de Arco Asistido o gañador era Jaime Villaverde Balado, que acadaba 138 puntos. Segundo nesta categoría era Antonio Rodríguez Iglesias con 135 puntos e terceiro clasificado Oscar Arias Díaz con 124 puntos. Na categoría de Arco Tradicional o vencedor era Miguel Gómez Cruces, con 68 puntos, sendo subcampión Juan Bandeira con 47 puntos. En “Long Bow” proclamábase campión Oscar Casal Rodas, sendo subcampión Eugenio Casal Rodas e terceiro clasificado Benigno Ruíz.

Na categoría feminina proclamábase Campiona Galega Dolores Bugarín Codeseda, mentres que Yago Arias Lemos facía o propio en categoría junior. Nesta mesma categoría era segundo Isidro Bandeira e terceiro clasificado David Copa. Finalmente na categoría dos máis pequenos, a infantil, o campión era Juan Bandeira, sendo subcampión Rubén Arias e terceiro clasificado Bruno Pacios.

ARCO ASISTIDO

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Jaime Villaverde Balado

138

Antonio Rodríguez Iglesias

135

Oscar Arias Díaz

124

Carlos Alonso Cabalero

120

Francisco Javier Gago Malvido

370

 

LONG BOW

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Oscar Casal Rodas

 

Eugenio Casal Rodas

 

Benigno Ruiz

 

José Angel Casal Rodas

 

 

 

 

ARCO TRADICIONAL

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Miguel Gómez Cruces

68

Juan Bandeira

47

 

FEMININA

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Dolores Bugarín Codeseda

98

 

 

 

JUNIOR

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Yago Arias Lemos

91

Isidro Bandeira

83

David Copa

47

 

INFANTIL

Pos

CONCURSANTE

Puntos

Juan Bandeira

 

Rubén Arias

 

Bruno Pacios

 

O domingo 27 disputábase o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo onde participaban un total de 6 equipos.

*O equipo gañador era o formado por José Manuel Arias Vázquez e José Antonio Vázquez Liz do Clube “Poutomillos Breogán” de Lugo. Segundo era o equipo de Benigno Ruiz Pascual e Miguel Gómez Cruces de “Cazarco”. O equipo que remataba no terceiro posto era o formado por Oscar Casal Rodas e Eugenio Casal Rodas, tamén de “Cazarco” de Redondela (Pontevedra).

CAMPIONATO GALEGO DE CAZA CON ARCO AO VOO

Pos

Equipo

Clube / Sociedade

Prov

José Manuel Arias Vázquez
José Antonio Vázquez Liz

Poutomillos Breogán

LU

Benigno Ruiz Pascual
Miguel Gómez Cruces

Cazarco

PO

Oscar Casal Rodas
Eugenio Casal Rodas

Cazarco

PO

Juan Bandeira Autrán
Jaime Villaverde Balado

Cazarco

PO

Héctor López López
Francisco López López

Poutomillos Breogán

LU