ATENTADO ECOLÓXICO
Indignación na Federación Galega de Caza ante a nova solta de visóns
20/10/2009

Ante a sabotaxe ás granxas de visóns, no municipio coruñés de Abegondo, a Federación Galega de Caza condena este novo atentado ambiental ao soltar no medio especies alóctonas con consecuencias imprevisibles cara a fauna autóctona. As granxas de visións son unha propiedade privada, que exerce unha actividade económica legal, polo que unha sociedade desenrolada e un estado de dereito non debería consentir de forma impune este tipo de actuacións que exercen uns cantos.

O ordeamento xurídico conta cos cauces necesarios para exercer o dereito de crítica, incluso de actividades legais, pero nunca debería permitir que unha idea se impoña pola forza de uns poucos, e menos lesionar os bens de persoas mediante feitos presuntamente delictivos e con consecuencias ecolóxicas moi graves.

A Federación Galega de Caza e as sociedades de caza da zona puxéronse a disposición das autoridades para colaborar na recuperación dos animais tratando de previr futuros danos.