ARCEAS
Bernardo Traseira Rois gaña o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas
23/11/2009

 O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor Terra Cha, no Concello de Pastoriza, o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo  en colaboración coa Sociedade de Cazadores da Terra Cha.

A proba, que contaba cun total de 24 participantes, remataba con Bernardo Traseira Rois capturando duas arceas, e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era Antonio González Chaín, quen capturaba unha arcea, ao igual que Jesús Blanco Paredes, que remataba no terceiro posto.

CLASIFICACIÓN
Pos Cazador CAPTURAS Puntos
Bernardo Traseira Rois  2 arceas 1000
Antonio González Chaín 1 arcea 500
Jesús Blanco Paredes 1 arcea 500
Manuel Rodríguez Quiroga 1 arcea 500
Francisco Diéguez Sobrado 1 arcea 500

Estes 5 cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro.