ORDE DE VEDAS
Medio Rural modifica a orde de vedas co fin de paliar os danos do xabaril
29/12/2009

A Consellería do Medio Rural publica hoxe, 29 de decembro no DOG, a orde do 17 de decembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 30 de xullo de 2009 que determina as épocas hábiles de caza durante a tempada 2009-2010.

O motivo desta modificación é a incesante escalada de danos provocados polo xabaril no concello de Ortigueira, ademais da problemática xeral que xera esta especie no resto da Comunidade Autónoma Galega, e que devén singularmente danosa neste concello a pesar dos esforzos dos cazadores, porque os súidos aproveitan o réxime de protección que ten a ZEPA da ría de Ortigueira e Ladrido para buscar acougo nese espazo natural.

A raíz desta situación a Consellería de Medio Rural decidiu engadir ao artigo 17º.1.XIII no que se prohibe con carácter xeral o exercicio da caza na citada ZEPA a excepción, logo da autorización do Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña, da caza do xabaril mediante as modalidades de caza maior recollidas no artigo 37º.1 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aprobou o Regulamento de caza de Galicia.

Ver documento completo da orde