AXUDAS LOBO
Medio Rural publica a orde de axudas para a prevenciĆ³n de ataques do lobo
7/1/2010

A Consellería do Medio Rural publicou o pasado martes 5 de xaneiro no DOG, a orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2010.

A presenza do lobo en espazos rurais moi humanizados é, con frecuencia, causa de conflito cos gandeiros. Por iso, a Consellería do Medio Rural estableceu unha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados por esta actividade depredadora dos lobos, na cal se inclúen diversas accións de protección dos rabaños para evitar os danos que causan estes cánidos sobre o gando do noso país. Son medidas tradicionais unhas e máis innovadoras outras, que pretenden afastar do gando doméstico, que pasta en réxime de liberdade ou de semiliberdade, os lobos que puidesen depredalo.

Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacúa, cabrúa e ovina.

Ver documento completo da orde