CAZA RAPOSO
A neve impide disputar os Campionatos Provinciais de Raposo en A Coruña e Lugo, que se decidiron por sorteo
12/1/2010

O pasado 9 de xaneiro era a data de celebración dos Campionatos Provinciais de Caza de Raposo en tódalas provincias galegas. Sen embargo, as intensas nevadas que tiveron lugar durante toda a fin de semana nas provincias de A Coruña e Lugo impediron a celebración dos seus respectivos campionatos. A clasificación nestas provincias decidiuse por sorteo entre tódalas cuadrillas inscritas en cada proba. Na provincia de A Coruña, o sorteo daba como resultado a seguinte clasificación, de onde as catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.

CLASIFICACIÓN A Coruña
Pos Cuadrilla Sociedade Capturas
Os Furtivos Venatoria Bergantiños n/d
Coto do Barro A Coto do Barro n/d
San Cristóbal de Lema San Cristóbal de Lema n/d
Os Raposeiros de Noia e Lousame Noia e Lousame n/d
Urogallo I Urogallo n/d

Na provincia de Lugo, o sorteo daba como resultado a seguinte clasificación, de onde se clasificaban as tres primeiras cuadrillas para o Campionato Galego.

CLASIFICACIÓN Lugo
Pos Cuadrilla Capturas
Non te manques n/d
Fontefría n/d
Ponte de Neira n/d
A todo gas n/d
Muxis n/d