ANCARES
Medio Rural modifica a Xunta Consultiva da Reserva Nacional dos Ancares
22/1/2010

A Consellería do Medio Rural publica hoxe, 22 de xaneiro no DOG, o Decreto 453/2009, do 30 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estrutura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares.

A Lei de caza de Galicia, Lei 4/1997, do 25 de xuño, prevé a declaración de reservas de caza e a constitución de xuntas consultivas destas reservas, e prevé especificamente que a reserva nacional de caza dos Ancares, en canto aos terreos abranguidos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, quedará suxeita ás disposicións da dita lei.

Como consecuencia da nova estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 83/2009, do 21 de abril, cómpre, para unha maior eficacia e coordinación administrativa, proceder á modificación do artigo 5 do Decreto 202/1992, do 10 de xullo, polo que se modifica a estructura da Xunta Consultiva de Caza da Reserva Nacional dos Ancares.

Ver documento completo do Decreto