ACCIDENTES
A RFEC organiza unha mesa de traballo sobre accidentes de tráfico causados por especies cinexéticas
12/3/2010

O vindeiro 18 de marzo a Real Federación Española de Caza reunirase, nunha intensa xornada de traballo, coas suas federacións e representantes das distintas asociacións cinexéticas para debatir se é posible un cambio lexislativo no tema dos accidentes de tráfico sobre especies cinexéticas e qué opina o sector cinexético.

Tras a discusión das propostas e aprobación de conclusións e traballos, darase traslado, nunha segunda mesa de traballo, ás administracións, aos partidos políticos e a xudicatura das conclusións e reivindicacións alcanzadas polo sector cinexético.

Nesta xornada escoitarase aos representantes dos cidadáns, aos partidos políticos, aos xuíces encargados de aplicar as leis e ás administracións, pois trátase de implicar a todos aqueles que teñen que ver co asunto e, en función das conclusións, a RFEC deseñará unha folla de ruta co fin de propoñer solucións ao problema dos accidentes.

Fonte: Gabinete de Prensa de la RFEC