OBSERVATORIOS
Os observatorios cinexéticos da RFEC xa están en marcha
12/3/2010

Despois de dous observatorios da RFEC celebrados o pasado ano, con temas de grande actualidade e moi ben acollidos polo mundo venatorio, xa está en marcha a organización dos elexidos para este ano 2010.

O dia 1 de maio, na sede da Federación Andaluza de Caza, coincidindo coa feira de cans de Archidona, debatirase sobre un tema que desgraciadamente non deixa de ser actualidade, o emprego ilegal de venenos no campo. A utilización de venenos e outros métodos non selectivos causa danos inarranxables nos campos e nos animais cinexéticos e non cinexéticos que os poboan. Ademáis, a colocación de cebos envenenados é un delito tipificado no Código Penal e tamén está recollido como infracción grave nas leis autonómicas. Por elo as federacións, administracións, xestores, asociacións cinexéticas e conservacionistas, medios de comunicación e tódolos cazadores e cidadáns en xeral temos a responsabilidade de implicarnos nesta loita, que é de todos e a todos nos afecta.

No observatorio debatirase sobre cómo está a situación actualmente, proxectos de futuro, qué campañas educativas e divulgativas se deben acometer e cómo poderíamos rematar dunha vez por todas con esta lacra da que os cazadores somos os principais interesados en que desapareza.

Rematado o verán, nos últimos dias do mes de setembro, Madrid acollerá o segundo observatorio do ano, con outro asunto de trascendencia e controvertido, como é a situación dos gardas de caza e campo e da gardería de seguridade privada.

Fonte: Gabinete de Prensa de la RFEC