SAN HUBERTO
Jorge Sánchez Amado gaña a proba de San Huberto “Cabo Fisterra”
8/4/2010

O pasado 27 de marzo disputábase no Tecor “Aragonis” en Fisterra (A Coruña) o I Concurso de San Huberto “Cabo Fisterra”, puntuable para a Copa Galicia de San Huberto, e que organizaba a Sociedade Cinexética Fisterrana en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña.

O gañador da proba era Jorge Sánchez amado con “Kan” (PM), que acadaba 65 puntos. Segundo clasificado era Jorge Martín Sánchez con “Era da Chousa” (PH) que remataba a só un punto. No terceiro posto remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Twist” (SIM) e 43 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Jorge Sánchez Amado Kan (PM) 65
Jorge Martín Sánchez Era da Chousa (PH) 64
Eloy Rodríguez Martínez Twist (SIM) 43
Juan José Canosa Vigo (PH) 35
Eduardo Blanco Mejuto Marques (PM) 33