SAN HUBERTO
Álvaro Suárez Mera foi o gañador da proba de San Huberto “Concello de Vimianzo”
15/4/2010

O pasado 10 de abril disputábase no Tecor “San Vicente de Vimianzo” en Vimianzo (A Coruña) o I Concurso de San Huberto “Concello de Vimianzo”, puntuable para a Copa Galicia de San Huberto, e que organizaba a Sociedade de Caza “San Vicente de Vimianzo” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña.

O gañador da proba era Álvaro Suárez Mera con “Dino” (SIM), que acadaba 65 puntos. Segundo clasificado era Jorge Martín Sánchez con “Era da Chousa” (PH) que remataba con 55 puntos. No terceiro posto remataba Antonio Vilar Vigo con “Ney” (PM) e 52 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Álvaro Suárez Mera Dino (SIM) 65
Jorge Martín Sánchez Era da Chousa (PH) 55
Antonio Vilar Vigo Ney (PM) 52
Pedro Rodríguez Sanjurjo Roy (SIM) 50
Rubén Boquete Varela Acio (SIM) 47