RASTRO XABARIL
Salvador Sestelo Núñez gaña en Cerdedo a proba de rastro de xabaril
20/4/2010
O pasado 17 de abril disputábase no Tecor “Cerdedo” en Cerdedo (Pontevedra) o Campionato de Rastro de Xabaril de Cerdedo, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Xabaril, e que organizaba a Sociedade de Caza “Cerdedo” en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra.

O gañador da proba era Salvador Sestelo Núñez con “Klay” (Griffon), que acadaba 229 puntos. Segundo clasificado era Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco” (Griffon) que remataba con 227,5 puntos. No terceiro posto remataba J. Manuel Barreiro Rivadas con “Brus” (Sabueso) e 221 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Salvador Sestelo Núñez Klay (Griffon, M) 229
Álvaro Fontenla Filgueira Terco (Griffon, M) 227,5
J. Manuel Barreiro Rivadas Brus (Sabueso, M) 221
Luis Otero Pena Turbo (Mestizo, M) 212,5
Álvaro Fontenla Filgueira Lúa (Griffon, F) 208,5