COMPAK SPORTING
Antonio Iglesias Otero proclámase Campión Provincial de A Coruña de Compak Sporting
26/4/2010

O pasado 25 de abril disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo) o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.

O gañador absoluto da proba era Roberto Rodríguez Fernández, que escachaba 87 pratos, tirador da provincia de Pontevedra que participaba por libre. O segundo clasificado era Antonio Iglesias Otero que escachaba 86 pratos, primeiro da provincia e polo tanto Campión Provincial. O terceiro posto era para Diego Antelo Noya, que tamén escachaba 86 pratos.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos vencía Antonio Castro Ferreiro, quen escachaba 76 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 78 pratos. Por último na categoría de xuvenís o primeiro era Pablo Díaz Somaza, con 44 pratos escachados.

CLASIFICACIÓN OFICIAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Pratos
Antonio Iglesias Otero S 86
Diego Antelo Noya S 86
Daniel Cebreiro García S 85
José Luis Sánchez Mancebo S 83
Manuel García Pombo S 82