RASTRO COELLO
Miguel A. Sartal gaña a proba de Rastro de Coello de Vilalonga
27/4/2010
O pasado 25 de abril disputábase nos Tecores de “A Lanzada”, “San Martín do Grove” e “Meaño” Campionato de Rastro de Coello de Vilalonga, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Coello, e que organizaban a Feira de Cans de Vilalonga e as Sociedades de Caza de “A Lanzada”, “San Martín do Grove” e “Meaño” en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Participaban na proba un total de 38 lotes, resultando gañador Miguel A. Sartal que acadaba 506 puntos. Segundo clasificado era Marcelo Arosa Da Silva que remataba con 471 puntos. No terceiro posto finalizaba a proba Marcos Martínez Besada con 440 puntos.

O premio ao mellor can da proba era para “Pispa” de Miguel A. Sartal que acadaba 146 puntos, obtendo unha calificación de “Moi bo”.

Pos Participante Puntos
Miguel A. Sartal 506
Marcelo Arosa Da Silva 471
Marcos Martínez Besada 445
Carlos Casas Cambón 440
Francisco Abraldes Crujeira 437