ADESTRADORES
Comezou unha nova edición do curso de instructor-adestrador de cans de caza da EEC
30/4/2010

O pasado fin de semana comezou a décimo segunda edición do curso "Instructor-Adiestrador de Perros de Caza" que organiza a Escuela Española de Caza a través da sua Aula Canina, nas instalacións que a Real Federación Española de Caza ten no pobo soriano de Castillejo de Robledo.

Con alumnos representativos de todo o territorio nacional, que previamente asistiran aos seminarios básicos celebrados a comezos de ano en Barcelona e Valladolid, arrancou o primeiro dos seis fins de semana que compoñen o curso e que se celebrarán en Castillejo de Robledo ata finais do verán.

A xornada do 24 de abril comezou ca entrega de material aos alumnos e pasouse a realizar as probas pertinentes a cada un dos cans do alumnado, onde sobre perdiz sementada valoráronse as aptitudes naturais dos mesmos. Pola tarde completouse a xornada con poñencias encargadas aos alumnos que optan ao título de profesores autonómicos, cun éxito rotundo nas alocucións. Rematou a xornada coas típicas roldas de obediencia e cobro.

Na seguinte xornada, do 25 de abril, realizouse unha práctica sobre búsqueda cruzada en campo aberto, finalizando así o primeiro fin de semana de traballo na aula coas tarefas a realizar para o vindeiro.