SAN HUBERTO
Jorge Martín Sánchez gaña en Santa Comba o Campionato de San Huberto “Monte Castelo”
30/4/2010

O pasado 24 de abril disputábase no Tecor da Sociedade de Caza e Pesca “Xallas” en Monte Castelo, Santa Comba (A Coruña) o Campionato de San Huberto “Monte Castelo”, puntuable para a Copa Galicia de San Huberto, e que organizaba a Sociedade de Caza e Pesca “Xallas” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña.

O gañador da proba era Jorge Martín Sánchez coa sua cadela “Era da Chousa” (PF), que acadaba 88 puntos. Segundo clasificado era Rubén Boquete Varela con “Acio de Pasarín” (SIM) que remataba con 61 puntos. O terceiro posto da proba era para Álvaro Suárez Mera con “Ful de Caaveiro” (SIM) cos seus 60 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Jorge Martín Sánchez Era da Chousa (PH) 88
Rubén Boquete Varela Acio de Pasarín (SIM) 61
Álvaro Suárez Mera Ful de Caaveiro (SIM) 60
José M. Rodríguez Martínez Ful (SIM) 49
Ramón Picallo Piñón Risto (SIM) 23