COLABORACIÓN CAZADORES
FEDENCA premiará aos cazadores que colaboren cos seus estudos
12/5/2010

A Fundación FEDENCA da R.F.E.C. comezou unha serie de proxectos e estudos nos que precisa da participación do cazador para aportar mostras biolóxicas e diferentes datos sobre as cacerías nas que intervén. Esta colaboración permite coñecer datos imprescindibles para elaborar os estudos. Coa explotación destes datos e moestras desenrólanse algúns proxectos de investigación que non poderían facerse doutro xeito.

Nestes momentos FEDENCA atópase densenrolando, entre outros, tres proxectos para marcar con criterios sólidos a caza destas especies de forma sostible:

  • “Mapa de pureza genética de la perdiz roja (Alectoris rufa) y estudio de la introgresión de genotipos de perdiz chukar (Alectoris chukar) en España”
  • “Captación de datos para la gestión de la caza de la becada (Scolopax rusticola), a obtener a través del seguimiento de cacerías, anillamiento y RTVS vía satélite”
  • “Anillamiento y Seguimiento de  la Codorniz en España 2002-2011”

FEDENCA ten a intención de incentivar e corresponder a colaboración altruísta dos cazadores ca enterga cada ano dunha serie de regalos de diversa entidade para alo menos un centenar de cazadores colaboradores. O primeiro sorteo celebrarase a finais de xuño e incluirá diversos regalos como unha escopeta, libros editados por FEDENCA, suscricións anuais a revistas de caza, premios de MutuaSport e outros.

A intención é crear un clube de colaboradores de FEDENCA e realizar tódolos anos algún sorteo deste tipo e así incentivar aos cazadores a seguir realizando as suas aportacións e colaboracións cos estudos.

Se vostede xa colaborou con Fedenca nalgún estudo, pode descargar a ficha de colaboración para a sua cumprimentación

Para máis información poden dirixirse á páxina web oficial da Real Federación Española de Caza www.fecaza.com