RASTRO XABARIL CARNOTA
Carlos Alberto Arnoso García gaña a proba de rastro de xabaril “Amigos dos Cans de Caza” celebrada en Carnota
20/5/2010

O pasado 15 de maio disputábase no Tecor da Sociedade Cinexética Carnotana, en Carnota (A Coruña) o VII Campionato de Rastro de Xabaril “Amigos dos Cans de Caza”, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Xabaril, e que organizaba o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Sociedade Cinexética Carnotana e Federación Galega de Caza en A Coruña.

Participaban na proba un total de 25 monteiros, sendo finalmente o gañador da proba Carlos Alberto Arnoso García con “Chino”, que acadaba 266 puntos. Segundo clasificado era José Antonio Moar Veiras con “Bobi” que remataba con 260 puntos. O terceiro posto era para José Ángel Campos Pardo con “Pancho” con 253 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Carlos Alberto Arnoso García Chino 266
José Antonio Moar Veiras Bobi 260
José Ángel Campos Pardo Pancho 253
Manuel Álvaro Fontenla Terco 252
Miguel Cambeiro Blanco Otelo 249