RASTRO XABARIL SEDES
César Lorenzo Hermida foi o gañador do I Trofeo “Cidade de Narón” de Rastro de Xabaril disputado en Sedes
20/5/2010

O pasado 16 de maio disputábase no Tecor da Sociedade de Caza e Pesca “Xuvia” en Sedes, Xuvia  (Narón), na provincia de A Coruña, o I Trofeo “Cidade de Narón” de Rastro de Xabaril, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Xabaril, e que a Sociedade de Caza e Pesca “Xuvia” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

Participaban na proba un total de 35 monteiros, sendo finalmente o gañador da proba César Lorenzo Hermida, que acadaba 225 puntos. Segundo clasificado era Joaquíon Cordido Cao que remataba con 223,5 puntos. O terceiro posto era para Salvador Sestelo Núñez con 215 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
César Lorenzo Hermida   225
Joaquín Cordido Cao   223,5
Salvador Sestelo Núñez   215
Álvaro Fontenla Filgueira   197
Ramón Lamela Pumar   193