USO ILEGAL VELENO
A RFEC únese á Fundación Félix Rodríguez de la Fuente na loita contra o uso ilegal do veleno
24/5/2010

A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente (FFRF) e a Real Federación Española de Caza (RFEC) acordaron loitar conxuntamente contra o uso ilegal do veleno no medio natural dentro dunha serie de acordos que promoven a defensa da biodiversidade. Cazadores e proteccionistas amosan así a sua firme vontade de rematar coas accións minoritarias que están a poñer en grave perigo de extinción a numerosas especies protexidas.

Segundo destacou a directora xeral da FFRF, Odile Rodríguez de la Fuente: "Con estas actuacións que comprometen aínda máis a Federación contra o uso do veleno, os cazadores dan un paso histórico no seu interese pola protección da natureza e o desenrolo sostible do mundo rural".

Pola sua banda, o presidente da RFEC, Andrés Gutiérrez Lara remarcou que "este tipo de ponzoñas son empregadas por unha minoría de indesexables delicuentes, quen coa sua incívica actitude macelan o bo nome da inmensa maioría do colectivo". Ademáis, engadiu que "os cazadores somos os primeiros interesados en desterrar o uso duns productos que desequilibran os ecosistemas e poñen en perigo a nosa saúde e a dos nosos animais".

O veleno é unha das principais causas de mortalidade para algunhas das especies máis amenazadas da fauna ibérica como águias imperiais, osos pardos ou buitres negros. Calcúlase que nos últimos quince anos morreron intoxicadas máis de 20.000 aves rapaces das cinco especies máis amenazadas de España.

Dentro do compromiso dos cazadores por manter e mellorar a biodiversidade española, a Real Federación Española de Caza adhírese á firma do "Pacto Contra el Uso Ilegal del veleno". Esta iniciativa, promovida polas principais ONG conservacionistas do Estado e á que xa se adheriron os ministerios de Medio Ambiente e Medio Rural y Marino e do Interior, xunto ca meirande parte das comunidades autónomas, sindicatos agrarios, SEPRONA e Colexios Oficiais de Veterinarios, entre outros, pretende frear de xeito decidido o uso de cebos envelenados no medio natural.

Ademáis, a Federación personarase como acusación particular en determinadas causas xudiciais de envelenamentos que pola sua relevanca sexan exemplarizantes.