XABARIL CORISCADA
José Pedra Pernas gañou a proba de rastro de xabaril “Coriscada 2010” celebrada en Ortigueira
25/5/2010

O pasado 22 de maio disputábase no Tecor Ortegal en Ortigueira  (A Coruña), a proba de cans de rastro atrelados sobre xabaril “Coriscada 2010”, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Xabaril, e que organizaba a Sociedade de Cazadores Ortegal en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba, que se disputaba na Serra da Coriscada, contaba cun total de 50 monteiros repartidos en 3 campos, clasificándose para a final os 5 mellores de cada campio. Finalmente era o gañador da proba José Pedre Pernas, que acadaba 216 puntos co seu can “Ney”. Segundo clasificado era Francisco Rey Urrutia con “Capi” que remataba con 210 puntos. O terceiro posto era para Benjamín Puente Elemparte con “Pol”, que acadaba 207 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
José Pedre Pernas Ney 216
Francisco Rey Urrutia Capi 210
Benjamín Puente Elemparte Pol 207
José M. Yáñez Castro Ron 201
José Otero Alonso Ton 199