RRCC OURENSE
Manuel Enríquez Diéguez proclámase campión provincial de Ourense de Percorridos de Caza
31/5/2010

O pasado 29 de maio disputábase no Campo de tiro “O Toxal” en A Gudiña o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración co Sociedade de Cazadores de A Gudiña.

Nesta proba, que se disputaba a 100 pratos, participaron un total de 18 tiradores, sendo o gañador absoluto e Campión Provincial Manuel Enríquez Diéguez, que escachaba 69 pratos. O segundo posto da proba era para Roberto Rodríguez Fernández, da provincia de Pontevedra, que escachaba 64 pratos. Terceiro clasificado foi José Manuel Da Silva Fernández, tamén da provincia de Pontevedra, que escachaba 64 pratos e remataba terceiro.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Manuel Enríquez Diéguez. En veteranos vencía Eliseo Faraldo Fernández, quen escachaba 48 pratos. Non había participación no resto de categorías

CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Prov Pratos
Manuel Enríquez Diéguez S OU 69
Roberto Rodríguez Fernández S PO 64
José Manuel Da Silva Fernández S PO 64
Jorge Vázquez Iglesias S OU 58
Daniel Núñez Español S PO 58