XABARIL PONTEVEDRA
Álvaro Fontenla Filgueira, con “Terco”, gaña o Campionato Provincial de Pontevedra de Rastro de Xabaril
31/5/2010

O pasado 29 de maio tiña lugar no Tecor “O Campo” en Campo Lameiro, a oitava edición do Campionato Provincial de Pontevedra Cans de Rastro de Xabaril, que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “O Campo”.

Rematada a proba era Álvaro Fontenla Filgueira co seu griffon “Terco” o que acadaba a victoria con 234 puntos.  Segundo clasificado era Generoso Aragunde Abalo quen coa griffon azul “Sofi” acadaba 229 puntos na proba. O terceiro posto do podio era para Carlos Arnoso García con “Chino” que remataba a proba con 227,5 puntos.       

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Álvaro Fontenla Filgueira Terco (Griffon, M) 234
Generoso Aragunde Abalo Sofi (Griffon Azul, F) 229
Carlos Arnoso García Chino (Mestizo, M) 227,5
Salvador Sestelo Núñez Clay (Cruce, M) 211
Oscar Alvela Durán Laro (Griffon, M) 196