SAN HUBERTO CORISTANCO
Juan R. Suárez Fernández gaña en Coristanco o XIV Campionato de San Huberto “Amigos dos Cans de Caza”
8/6/2010

O pasado 5 de xuño tiña lugar no Tecor de Coristanco, na provincia de A Coruña a décimo cuarta edición do Campionato de San Huberto “Amigos dos Cans de Caza”, puntuable para a Copa Galicia, e que organizaba o Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Sociedade de Caza e Pesca de Coristanco e a Federación Galega de Caza na Coruña.

O gañador da proba era Juan R. Suárez Fernández co SIM “Viño”, que acadaba 71 puntos. O segundo clasificado era Pedro Rodríguez Sanjurjo quen con “Roi” (SIM) remataba a proba con 70 puntos. O terceiro posto da proba era para Serafín Corral Vázquez con “Balli” (SIM) e 56 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Juan R. Sánchez Fernández Viño (SIM) 71
Pedro Rodríguez Sanjurjo Roi (SIM) 70
Serafín Corral Vázquez Balli (SIM) 56
Rubén Boquete Varela Acio (SIM) 53
Edelmiro Leira Pérez Capitán (SIM) 51